MODIFICACION REGLAMENTOS CTO.GALEGO 2010
 

Despois dos acordos tomados pola Asemblea desta FGM o pasado 23 de xaneiro e da reunión mantida cos clubes organizadores das probas dos Ctos. Galegos 2010 na que foron tratadas varias cuestions que afectaban aos organizadores, informamos das modificacions nos regulamentos das probas dos Campionatos Galegos para 2010.

 

MODIFICACIÓN COMÚN PARA TODOS OS CTOS. GALEGOS 2010

                       

- Nas probas dos Ctos. Galegos 2010 poderán ser admitidos a participar en calidade de invitados, pilotos doutras federacions con licenza homologada RFME (nacional) que deberán formalizar a sua inscrición ante a FGM cunha antelación mínima de 10 días, enviando a FGM o boletín de inscrición cuberto e asinado xunto co xustificante do pagamento, requisito sen o que non será admitida a sua participación. No caso das probas coa participación limitada (Supercross, Motocross, Quadcross, etc.) que teñan completadas con pilotos galegos con licenza FGM todas as prazas disponibles, as inscricións dos pilotos doutras federacions serán rexeitadas, pois a prioridade de admisión de inscrición e participación será para os pilotos con licenza da FGM.

- Os clubes organizadores terán a potestade de decidir se queren ou non admitir na proba a participación de pilotos invitados doutras federacions con licenza homologada RFME.

- Os participantes doutras federacions (con licenza homologada RFME) non puntuarán para os Campionatos Galegos, ainda que terán opción a podium e a trofeos nas probas no caso de clasificarse entre os tres primeiros da sua categoría.

- Cando o Campionato ou Trofeo se resolva na última proba, non será admitida a participación de pilotos invitados doutras federacions nas categorias que se decida o Campión ou Vencedor.

 

CTO. GALEGO QUADCROSS 2010

 

As modificacions no Cto. Galego de Quadcross para 2010 son:

- Obrigatoriedade de ter no circuito durante a competición, dende o incio dos entrenos, unha ambulancia medicalizada (UVI MÓVIL con MÉDICO), ademais da outra ambulancia.

- Obrigatoriedade de dispoñer nos circuitos de WC (poden ser portátiles)

Art. 2.2 Clases:

- Q1: iguan que na tempada anterior.

- Q2: pilotos con licenza Junior ou pilotos Senior cunha idade máxima de 29 anos para, incluidos os que cumpran 30 este mesmo ano.

- Q-Series: idade mínima de 13 anos e máxima de 22 anos, incluidos os que cumpran 23 este mesmo ano, con licenza Cadete ou Junior con cilindrada mínima de 250 c.c. 2T

- Q-Iniciación: a partir dos 9 anos de idade ata os 13, incluidos os que cumpran 14 este mesmo ano.

Art. 6.1.1. Entrenos.

- Q-Iniciación: entrenos libres 20 min. e clasificatorios 10 min.

- Q1, Q2 e Q-Series: entrenos libres 30 min. e clasificatorios 10 min.

Art. 20.4 Equipamento e vestimenta de protección:

Obligatoriedade de usar gafas de quad ou moto de campo homologadas dende o inicio dos entrenos libres, oficiais e mangas da competición.

Estar provisto dun collarín homologado, para a protección cervical, ben sexa un Leat Breace ou similar, ou un collarín de espuma ou de goma.

 

 

Convocase o OPEN RESISTENCIA DE QUAD en probas distintas as do Cto. Galego de Quadcross e coas seguintes especificacions no regulamento:

2.1. Quads admitidos. Todos os quad coas mesmas especificacións de seguridade que no regulamento de Quadcross

2.2. Clases. Categoría única con equipos de dous pilotos con un ou dous quads por equipo, sen límite de cilindrada incluso no mesmo equipo. Manterase as cores das placas de Quadcross e o mesmo ancho de cifra.

5.1. Licenzas: Junior ou Senior.

6. Adestramentos: Libres 1 hora, Cronometrados 15 minutos.

7.3. Saida. Tipo Lemans

8. Competicions duas mangas de tres horas cada unha.

17. Premios. A determinar.

 
 
 
   
 
Este sitio web fue creado de forma gratuita con PaginaWebGratis.es. ¿Quieres también tu sitio web propio?
Registrarse gratis